Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 21 de xullo de 1999 Páx. 9.438

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (154/1998).

Luis Pablo Mata Lostes, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela,

Fai saber que nos autos de execución nº 154/1998 e Acum., seguidos neste xulgado por instancia de Agustín Márquez López e outros, contra a empresa Manufacturas Cafor, S.L., sobre cantidade, por resolución desta data, se acordou sacar a pública poxa e polo termo de vinte días, os bens embargados á executada que logo se dirán, e sinalar para a realización da primeira poxa o día 21 de setembro deste ano. No caso de quedar esta deserta, sinálase para a segunda poxa e con rebaixa do 25% respecto da primeira, o día 19 de outubro, e de resultar igualmente esta deserta, sinálase para a terceira poxa, na que non se admitirán ofertas que non superen o 25 % respecto á primeira, o día 16 de novembro do mesmo ano, todas elas ás doce horas, na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n do polígono das Fontiñas desta cidade. Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese realizarse calquera das poxas nos días e horas sinalados, terán lugar o seguinte día hábil, á mesma hora,

exceptuando os sábados, e rexeranse polas seguintes condicións:

a) Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán consignar previamente o 20% do valor dos bens que sirva de tipo para ela.

b) Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do tipo.

c) Poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado depositado na mesa desta secretaría xunto co importe da consignación a que se refire a letra a), xuntando xustificante dela, que se realizará na conta de consignacións deste xulgado aberta na O.P. do Banco Bilbao-Vizcaya desta cidade, sita na rúa Senra nº 3-5, conta nº 1596, clave 64.

d) Os licitadores aceptan a titulación e cargas que constan no expediente.

e) Só a adaptación ou adxudicación practicada a favor dos executantes ou dos responsables legais solidarios ou subsidiarios poderá efectuarse en calidade de lla ceder a terceiros.

f) Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese realizarse calquera das poxas nos días e horas sinalados, terán lugar o día seguinte hábil á mesma hora, exceptuando os sábados.

Bens obxecto de poxa

Lote número un:

1. Unha central hidráulica con tres cuños cor azul. Esta máquina é de cor azul, non presenta nº de serie, aínda que no contador aparece a marca Himelk, valorada pericialmente en 200.000 ptas.

2. Unha copiadora Terna, TK565 nº 166-1990 HP2 V 380, marca A 550, TK 565, Milano Italy, valorada pericialmente en 400.000 ptas.

3. Unha copiadora JM Valle-modelo FC-100 A Torrelavega, valorada pericialmente en 100.000 ptas.

4. Unha retescadora, Mecal Italy nº 990691, cor azul, Vol. 380, valorada pericialmente en 500.000 ptas.

5. Unha guillotina tronzadora ME Typ-CS-125 P, nº 165007 MM 1.310x1,25, made in Dinnamark. Cor verde, valorada pericialmente en 75.000 ptas.

6. Unha lixadora pulidora, Super Lema, cor amarela, non se aprecia nº de serie, valorada pericialmente en 25.000 ptas.

7. Unha máquina disco vertical, marca Gaviota, nº 46862, motor nº 64.379, valorada pericialmente en 25.000 ptas.

8. Unha tronzadora Perris 350 nº 5407/88, IP 44, tipo 3T90CL2-395 kW 2,2 valorada pericialmente en 25.000 ptas.

9. Dous carros soporte de máquina ou raís sen numeración, duns 3 metros cada un, valorados pericialmente en 5.000 ptas.

10. Una soldadura eléctrica p/aluminio, Thyrimertal 360, Ref. WO-21-11835, valorada pericialmente en 200.000 ptas.

11. Dous acumuladores estáticos, marca Applino W2400. 230 v. Nº 1189 (mesma numeración os dous), valorados pericialmente en 1.000 ptas.

12. Un acumulador, marca Aplimo nº 1189-230 v. W 1600, valorado pericialmente en 1.000 ptas.

13. Un acumulador, marca Applin nº 1088-230 v. W 3130, valorado pericialmente en 1.000 ptas.

14. Dous escritorios de melamina e formica, un cor gris e outro cor madeira, valorados pericialmente en 20.000 ptas.

15. Un armario metálico, tipo ficheiro, cores gris e beige, valorado pericialmente en 10.000 ptas.

16. Unha máquina de escribir marca AEG Olimpia, Carrera 11, Mod. 200 v. e nº 25.263/9.000.1 (01), valorada pericialmente en 12.000 ptas.

17. Unha cadeira de oficina, cor gris, con respaldo alto e de rodas, valorada pericialmente en 5.000 ptas.

18. Unha fotocopiadora Canon NP 1550, nº serie UBT 61538, valorada pericialmente en 150.000 ptas.

19. Un fax marca Canon, modelo H 11056, nº 5317185, valorado pericialmente en 20.000 ptas.

Valor total do lote nº 1: un millón setecentas setenta e cinco mil ptas. (1.775.000 ptas.).

Lote número dos:

1. Unha máquina tronzadora con disco, parte superior vermella, cambio de voltaxe, 220 v-380 v. Sen numeración, valorada pericialmente en 10.000 ptas.

2. Unha ponte guindastre, Ausió-Eleve 2 TN, nº 228-4-90, modelo ELK, valorada pericialmente en 500.000 ptas.

3. Unha prensa excéntrica. Jae nº 597, valorada pericialmente en 5.000 ptas.

4. Un transformador de soldadura, marca Giesa, modelo SM-450, co equipo incorporado consistente en equipo refrixeración nº 51419, marca Refrisaf, equipo de alta frecuencia nº 4956-modelo Stedarc, e equipo alta frecuencia cor azul sen numeración nin marcas, valorado pericialmente en 50.000 ptas.

5. Unha soldadora de Tic, marca SAF Nertabloc 150, nº R1336, valorada pericialmente en 5.000 ptas.

6. Unha pregadora Colly Ajial nº 77-652-7, valorada pericialmente en 100.000 ptas.

7. Unha máquina guillotina azul, marca Haco-Astrida, tipo TS 3006, nº 91013378, valorada pericialmente en 700.000 ptas.

8. Unha máquina para mecaniza-la corredeira, cor verde, Talergon, sen numeración, valorada pericialmente en 25.000 ptas.

9. Unha retestadora, Motornair, Cedisa FT.70, nº 183, valorada pericialmente en 30.000 ptas.

10. Unha prensa pneumática, AGME-600-DE, cor verde, valorada pericialmente en 5.000 ptas.

11. Unha retestadora Tekna, cor marrón, sen numeración, valorada pericialmente en 30.000 ptas.

12. Unha tronzadora Blitktreiner, modelo 500, nº 1064, valorada pericialmente en 30.000 ptas.

13. Tres prensas industriais AZ, máquina P22, amarela con base azul. Sen número, valoradas pericialmente en 15.000 ptas.

14. Unha prensa remachadora, marca AEG Steinel, nº 31885, 0,75 CV, valorada pericialmente en 5.000 ptas.

15. Unha tronzadora de dous cabezais SW 452, marca Mecal nº 88294, valorada pericialmente en 500.000 ptas.

16. Un compresor Samur nº 26.72.31 kg 6 por 10 cm 78. Ministerio de Industria, valorado pericialmente en 5.000 ptas.

17. Un ensamblador electro-hidráulico, marca JLB nº 2401, modelo 2500 XP Autom., valorado pericialmente en 5.000 ptas.

18. Unha tronzadora Perris 300, base cor verde nº 170-09350, valorada pericialmente en 30.000 ptas.

Valor total do lote nº dous: dous millóns cincuenta mil ptas. (2.050.000 ptas.).

Valor total da taxación: tres millóns oitocentas vintecinco mil pesetas (3.825.000 ptas.).

Os bens relativos ó lote nº un atópanse depositados no domicilio da empresa Aluminios MCS, S.C., sita na rúa do Lindeiro, nº 11, Meixonfrío, de Santiago de Compostela, e son depositarios deles Manuel Eirís López e Santiago Alberto Moroño García. Os bens relativos ó lote nº dous atópanse depositados no domicilio da executada Manufacturas Cafor, S.L., sito na Sionlla, km 55 da estrada Santiago de Compostela-A Coruña, e é depositario deles o administrador da citada empresa Claudio Forján Calvo.

Os autos estarán de manifesto na secretaría do xulgado, onde poderán ser examinados por todos aqueles que queiran participar na poxa.

Sírvalle este edicto de notificación en forma á empresa executada, que se atopa en paradoiro descoñecido.

Dado en Santiago de Compostela o vintecatro de maio de mil novecentos noventa e nove.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado