Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 20 de xullo de 1999 Páx. 9.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público 15/1999, polo procedemento aberto e tramitado con carácter urxente, para a contratación do servicio de transporte e distribución de carros de comidas ó Hospital de Piñor e ó Hospital de Día deste complexo hospitalario.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo único da Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG, nº 58, do 25 de marzo) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Contratación do servicio de transporte e distribución de carros de comidas ó Hospital de Piñor e ó Hospital de Día do Complexo Hospitalario de Ourense.

Orzamento máximo de licitación: 5.000.000 de ptas. (30.050,605 euros), IVE incluído, en cómputo anual.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público nº 15/1999, tramitado con carácter urxente.

Prazo de execución: desde a data da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1999.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e financeira: que se acreditará segundo o disposto no artigo 16, letra c) da LCAP.

Solvencia técnica: que se acreditará segundo o disposto no artigo 19, letra b) da LCAP.

Clasificación económica: non se require.

Fianza provisional: 2% do orzamento máximo de licitación autorizado.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Criterios de adxudicación: prezo e calidade do servicio: 5 puntos; características do vehículo: 3 puntos; experiencia en traballos semellantes: 2 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados na unidade de contratación deste complexo hospitalario (Hospital Cristal-Piñor, edificio de administración, planta baixa, rúa Ramón Puga nº 52 de Ourense), en días laborables, agás sábados, das 9 ás 13 horas.

Presentación de proposicións: presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Cristal-Piñor, deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do décimo terceiro día natural contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o día hábil seguinte.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax 988 38 55 50 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos e Servicios Xerais, sita no Hospital Cristal-Piñor, deste complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contados desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 7 de xullo de 1999.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense