Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 20 de xullo de 1999 Páx. 9.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 xullo de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia, para subministración de equipamento con destino ó Centro de Saúde de Monforte de Lemos (Lugo). (SCS-39/1999). (4 lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración de equipamento con destino ó Centro de Saúde de Monforte de Lemos (Lugo). (SCS-39/99) (4 Lotes).

Orzamento total: trinta e tres millóns cincocentas cincuenta e nove mil seiscentas. IVE incluído (33.559.600 ptas. IVE incluído). (201.697,26 euros).

Distribuído para o ano 1999: 17.276.700 ptas (103.835,06 euros) e para o ano 2000: 16.282.900 ptas. (97.862,20 euros).

Lote nº 1: moblaxe xeral: 9.761.600 ptas., IVE incluído.

Lote nº 2: cadeiras: 9.093.000 ptas., IVE incluído.

Lote nº 3: moblaxe clínica: 6.876.000 ptas., IVE incluído.

Lote nº 4: aparellos: 7.829.000 ptas., IVE incluído.

Fianza provisional:

Lote nº 1: 195.232 ptas., IVE incluído.

Lote nº 2: 181.860 ptas., IVE incluído.

Lote nº 3: 137.520 ptas., IVE incluído.

Lote nº 4: 156.580 ptas., IVE incluído.

Garantia provisional dos 4 lotes: 671.192 pesetas (4.033,94 euros).

Ver anexo III para garantía provisional de cada lote.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1999.

Admisión de variantes: non se admite a presentación de variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Solvencia técnica: no caso dos productos sanitarios, a solvencia técnica acreditarase mediante declaración responsable do cumprimento da lexislación vixente en especial no R.D. 414/1996, do 1 de marzo, (marcado CE, con base na directiva 89/336CE ó 93/42CE e acompañado do número de identificación do organismo notificado, con excepción nos productos da clase I).

No caso doutros productos que non precisen axustarse ó establecido no citado real decreto, a solvencia técnica acreditarase mediante algún dos documentos sinalados no anexo II do prego, xunto cunha declaración responsable do licitador relativa á non aplicabilidade.

Criterios de adxudicación:

1. Composición e características técnicas dos equipos ofertados: cumprimento das características técnicas mínimas esixidas, incorporación de características técnicas superiores ás mínimas esixidas, deseño e ergonomía, etc., ata 50 puntos.

2. Características da prestación de servicio: prazo de entrega, duración e cobertura da garantía, etc., ata 20 puntos.

3. Prezo dos equipos ofertados: ata 20 puntos.

4. Outros valores engadidos: inclusión de melloras non esixidas nos pregos de prescricións técnicas, cumprimento ISO 9000, etc.: ata 10 puntos.

Documento de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax 981 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Socias edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2-2ªplanta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1999.

Antonio Fernández-Campa García Bernardo

Director xeral da División Recursos Económicos