Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 20 de xullo de 1999 Páx. 9.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 21 de xuño de 1999, do Servicio Provincial de Consumo de Ourense, de notificación da iniciación do expediente sancionador 32.037/99 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á sociedade relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente sancionador 32.037/99, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica á sociedade interesada para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte a esta notificación, efectúen as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, de se-lo caso, a proposición e práctica de probas, advertindo á sociedade interesada que lle queda posto de manifesto o expediente e que de non efectuar alegacións ó contido deste acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 32.037/99.

Inculpado: Control Gas S.C.

Enderezo: Juan XXIII, nº 8, entreplanta, oficina 9, (Ourense).

Motivo: irregularidades na prestación do servicio (reclamacións).

Data de inicio: 5-5-1999.

Ourense, 21 de xuño de 1999.

Antonio Aguarón Turrientes

Xefe do Servicio Provincial de Consumo de Ourense