Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 20 de xullo de 1999 Páx. 9.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de xuño de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Delia.

Visto o expediente incoado por José Manuel Iglesias Allo, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa do viveiro fluctuante de cultivo de mexillón denominado Delia, outorgado pola orde ministerial do 8-11-1972, situado na cuadrícula nº 41, do polígono C de Cambados, rematando a concesión o 30-11-2002, e do que eran titulares Francisco Iglesias Nieto e Delia Allo Barros.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, a copia autorizada do testamento outorgado por Francisco Iglesias Nieto, a escritura de liquidación parcial de gananciais e adxudicación parcial da herdanza, e a documentación acreditativa do pagamento ou da presentación ó pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Juan Luis Iglesias Allo (35.453.824); Faustino Iglesias Allo (35.461.161); Francisco Iglesias Allo (35.421.971) e José Manuel Iglesias Allo (35.430.792).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores, así como quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de

reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 22 de xuño de 1999.

P.D. (Orde do 27-6-1990, DOG nº 134 do 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo