Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 20 de xullo de 1999 Páx. 9.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de xuño de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Anca III.

Visto o expediente incoado por Emilio Feijóo Búa, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa do viveiro fluctuante de cultivo de mexillón denominado Anca III, outorgado pola orde ministerial do 20-12-1962, situado na cuadrícula nº 27, do polígono G de Cambados, rematando a concesión o 31-10-2002, e do que eran titulares Ramona Búa Cacabelos e Emilio Feijóo Fariña.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, a declaración notarial de herdeiros abintestado, a relación de bens, e a documentación acreditativa do pagamento ou da presentación ó pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Emilio Feijóo Fariña (35.404.090) e Emilio Feijóo Búa (35.455.790).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores, así como quedan obrigados

a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 22 de xuño de 1999.

P.D. (Orde do 27-6-1990, DOG nº 134 do 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo