Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 20 de xullo de 1999 Páx. 9.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia, para adquisición de moblaxe de oficina con destino ó Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras-Ourense. (SCS-43/1999). (5 lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Adquisición de moblaxe de oficina con destino ó Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras-Ourense. (SCS-43/99) (5 lotes).

Orzamento total: trinta e catro millóns cento noventa e dúas mil trescentas pesetas, IVE incluído (34.192.300 ptas. IVE incluído). (205.499,86 euros ).

Lote nº 1: cadeiras 11.689.000 ptas., IVE incluído.

Lote nº 2: mesas e armarios 15.986.800 ptas., IVE incluído.

Lote nº 3: mobiliario de mantemento e especial 3.919.500 ptas., IVE incluído.

Lote nº 4: dotación vestiarios 780.000 ptas., IVE incluído.

Lote nº 5: moblaxe cuarto 1.817.000 ptas., IVE incluído.

Fianza provisional:

Lote nº 1: 233.780 ptas., IVE incluído.

Lote nº 2: 319.736 ptas., IVE incluído.

Lote nº 3: 78.390 ptas., IVE incluído.

Lote nº 4: 15.600 ptas., IVE incluído.

Lote nº 5: 36.340 ptas., IVE incluído.

Garantia provisional dos 5 lotes: 683.846 pesetas (4.110,00 euros).

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1999.

Admisión de variantes: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Solvencia técnica: no caso dos productos sanitarios, a solvencia técnica acreditarase mediante declaración responsable do cumprimento da lexislación vixente en especial no R.D. 414/1996 do 1 de marzo, (marcado CE, con base na directiva 89/336CE ó 93/42CE e acompañado do número de identificación do organismo notificado, con excepción nos productos da clase I).

No caso doutros productos que non precisen axustarse ó establecido no citado real decreto, a solvencia técnica acreditarase mediante algún dos documentos sinalados no anexo II do prego, xunto cunha declaración responsable do licitador relativa á non aplicabilidade.

Criterios de adxudicación:

1. Composición e características técnicas dos equipos ofertados: ata 35 puntos.

2. Características do servicio técnico e mantemento dos equipos: ata 25 puntos.

3. Grao de cumprimento da normativa vixente: ata 15 puntos.

4. Outros valores engadidos: cumprimento ISO 9000, inclusión de características non esixidas nos pregos de prescricións técnicas, etc.: ata 10 puntos.

Documento de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax 981 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Socias edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 1999.

Antonio Fernández-Campa García Bernardo

Director xeral da División Recursos Económicos