Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 16 de xullo de 1999 Páx. 9.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 23 de xuño de 1999 pola que se lle outorga a Stolt Sea Farm, S.A., autorización para modifica-las instalacións dunha granxa mariña, situada en Punta dos Remedios, Carnota (A Coruña).

Vista a documentación presentada, con data do 23 de decembro de 1997 (nº de rexistro 22.288) na Delegación Territorial da Coruña, e con data 8 de xuño do 1999 (nº de rexistro 8264), nos servicios centrais desta consellería, por Pablo García Rodríguez en representación de Stolt Sea Farm, S.A., na que solicita autorización para construcción dun novo emisario de augas, e a modificación do proxecto de ampliación da granxa mariña de cultivo de rodaballo situada en Punta dos Remedios s/n, Lira, Carnota (A Coruña), da que é titular.

Considerando que o Ministerio de Medio Ambiente, con data do 10 de setembro de 1998, outorgou concesión administrativa para ampliar en 441 m a ocupación de terrenos de dominio público marítimo-terrestre destinado á construcción do novo emisario de augas.

Considerando que, durante a execución das obras de ampliación, autorizada por Orde do 28 de xullo do 1997, de acordo coa experiencia adquirida e coa finalidade de mellora-la rendibilidade das instalacións, se producen modificacións sobre o proxecto inicialmente autorizado.

Considerando que as modificacións realizadas no proxecto non supoñen alteración do dominio público marítimo-terrestre, nin maior edificabilidade ou variación das condicións urbanísticas, consistindo basicamente na remodelación da zona das piscinas de cultivo, e non afectando a ampliación á finalidade do proxecto, nin supoñendo incremento na capacidade das instalacións.

Considerando que a tramitación do expediente se realizou conforme o disposto na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31 de maio), no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento

do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142 de 24 de xullo), e demais lexislación de aplicación.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, tendo en conta os informes que constan no expediente, á vista do informe do Servicio Técnico Xurídico e por proposta da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, na Coruña, e co visto e prace do director xeral de Recursos Mariños,

RESOLVE:

Autorizarlle a Stolt Sea Farm, S.A. (CIF A28.682.987), a construcción dun emisario de augas, que implica a ocupación de 441 m de terreos de dominio público marítimo terrestre, e a modificación do plano de planta xeral do proxecto de ampliación autorizado por Orde do 28 de xullo do 1997, nas instalacións da granxa mariña dedicada ó engorde de rodaballo (Scophtalmus maximus), situada en Punta dos Remedios s/n, Lira, Carnota (A Coruña), da que é titular; outorgada por Orde do 31 de xaneiro de 1990 (DOG nº 33) e con remate da vixencia o 15 de febreiro do 2000.

Esta resolución outórgase baixo as seguintes condicións:

Primeira.-As obras do emisario realizaranse segundo o proxecto presentado polo enxeñeiro de camiños Ángel Delgado Cid, «Novo desaugadoiro final da ampliación da granxa de rodaballos de Lira (Concello de Carnota)», do 12 de decembro de 1997.

Segunda.-No proxecto de ampliación das instalacións, o plano da planta xeral modificado corresponderase co publicado como anexo a esta orde. As modificacións serán acordes coa documentación que consta no expediente, o proxecto de construcción redactado polo enxeñeiro de camiños Ángel Delgado Cid en outubro do 1997, e posteriores modificacións do director de obra.

Terceira.-Ó establecemento seralle de aplicación o disposto na orde inicial de outorgamento e posteriores disposicións legais concordantes.

Cuarta.-O outorgamento desta autorización non exime o titular da obtención das licencias e outras autorizacións legalmente procedentes esixibles por outros organismos en función das súas competencias.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso postestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción conteciosa-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1999.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

Piscinas

mSu (m)St (m)

Preengorde285,6625,16704,50

514,6416,91862,37

Engorde8912,50122,7210.921,90

Total12.488,80