Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 16 de xullo de 1999 Páx. 9.278

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de concesión de explotación Ferrachín, 2ª fracción situada no termo municipal de Leiro (provincia de Ourense) e promovida por Minera de Rocas, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos

ambientasi ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de concesión de explotación Ferrachin 2ª fracción, situada no termo municipal de Leiro, provincia de Ourense e promovido por Minera de Rocas, S.L.

2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Ourense.

Concello de Leiro.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1999.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental