Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 16 de xullo de 1999 Páx. 9.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/172-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas

Domicilio social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Ribas e Baltar.

Situación: Muxía.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 910 m de lonxitude, en conductor LA-56 que parte do apoio nº 12 da L.M.T. a C.T. Fumiñeo e final no C.T. de 50 kVA Ribas-Baltar e rede de B.T. en R.Z. de 1.510 m. Concello de Muxía.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 14 de xuño de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña