Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: R.B.T.A. Pedrós-Seselle.
Situación: Ares.
Descricións técnicas: rede de baixa tensión a 380/220 voltios de 1.495 m de lonxitude con conductor R.Z. que parte do C.T. Pedrós. Concello de Ares.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
A Coruña, 11 de xuño de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña