Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 16 de xullo de 1999 Páx. 9.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/175-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo: Avda. de Arteixo 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S. Avda. de Vilaboa, 98.

Situación: Culleredo.

Descricións: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 230 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV e 240 mm Al, que parte do C.T. Vilaboa e final no C.T. prefabricado de 400 kVA na Avda. de Vilaboa nº 98. Concello de Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 14 de xuño de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña