Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 14 de xullo de 1999 Páx. 9.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (404/1998).

Anúnciase que con data do 31 de maio de 1999 e número 1933 do libro de resolucións, o alcalde dictou o seguinte decreto:

«Primeiro.-Reixeita-la alegación presentada por Esteban Martínez de la Igleisia en canto nela non se alegan cuestións referentes ó trámite que se efectua, corrección ou non dos estatutos e bases, e débese analizar, se é o caso, no momento da aprobación do proxecto de compensación.

Segundo.-Aprobar definitivamente os estatutos e as bases de actuación presentados por Manuel Freijeiro Mato, como presidente da comisión xestora do sector A6 remitindo o seu anuncio para a súa publicación no BOP.

Terceiro.-Notificar persoalmente a tódolos propietarios afectados así como a Esteban Martínez de la Iglesia a adopción deste acordo.

Cuarto.-Facer constar na notificación que os propietarios afectados que non solicitasen a súa incorporación á xunta poderán solicitar esta incorporación no prazo dun mes a partir da notificación, se así o desexan, facéndolles expresa advertencia de que se así non o fixesen se poderá proceder á súa expropiación.

Quinto.-Designar representante municipal na xunta de compensación a José Luis Rodríguez Cid».

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 162 do Regulamento de xestión urbanística.

Ourense, 15 de xuño de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente