Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 14 de xullo de 1999 Páx. 9.171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

POXA de obras do Concello de Barbadás.

No BOP de Ourense do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 13º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral do Concello de Barbadás. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 13 horas, na Casa do Concello. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro do concello de Barbadás, ou por teléfono: 988 36 00 00.

Relación de obras:

-Instalación de iluminación pública nas Lamas-Piteiro Longo, con orzamento de 3.844.334 ptas. e prazo de execución de 4 meses.

-Construcción de pasarela sobre o regato dos Muíños, con orzamento de 7.850.000 ptas. e prazo de execución de 3 meses.

Barbadás, 30 de xuño de 1999.

O alcalde

Rubricado