Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 14 de xullo de 1999 Páx. 9.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (31/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 3 de xuño adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1.-Aprobar inicialmente, por instancia de Emilia Pérez López, o proxecto de urbanización parcial da rúa Río Deva do PXOU de Ourense, logo de constitución de garantía polo importe de 2.294.860 ptas. (dous millóns duascentas noventa e catro mil oitocentas sesenta pesetas), para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación, e de 742.000 ptas. (setecentas corenta e dúas mil pesetas), co obxecto de garantiza-lo pagamento do prezo xusto da expropiación ou da cantidade que se alcance de mutuo acordo dos terreos necesarios para executar parte das obras previstas, enlazando cos servicios urbanísticos xa instalados.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia,

sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 18 de xuño de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde