Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 14 de xullo de 1999 Páx. 9.154

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (7/1999).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico:

Que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 7/1999, se segue xuízo de faltas sobre delicto contra a orde pública no cal se dictou a sentencia que contén o seguinte encabezamento e decisión:

«Sentencia.

En Santiago de Compostela o dous de xuño de mil novecentos noventa e nove.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do seu partido, os presentes autos de xuízo de faltas nº 7 /1999, seguidos por conducción de vehículo de motor carecendo de seguro obrigatorio, sendo parte denunciante a correspondente autoridade de tráfico; aparecendo como parte denunciada José Antonio Rojo Bardanca, maior de idade, en situación procesual de rebeldía; o Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decisión.

Que debo condenar e condeno a José Antonio Rojo Bardanca, como autor responsable dunha falta de conducción sen seguro, do artigo 636 do Código Penal, á pena de corenta días de multa a razón de 2.000 ptas/día, con arresto substitutorio dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en réxime de

arrestos de fin de semana; así mesmo deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito e para que conste, para os efectos que procedan e para que lles sirva de notificación en forma ós demandados en ignorado paradoiro José Antonio Rojo Bardanca e José Antonio Rojo Pombo expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o once de xuño de mil novecentos noventa e nove.

O secretario.

Rubricado.