Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 14 de xullo de 1999 Páx. 9.154

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (511/1992-02).

José Espinosa Lozano, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número uno de Santiago e o seu partido, fai saber:

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo 511/1992, por instancia da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, representada polo procurador García-Piccoli Atanes, contra María Pilar Pose Martínez e Georgino Otero Rodríguez, nos que por resolución do día da data se acordou sacar á venda, en pública poxa, por primeira vez e polo termo de vinte días, e polo tipo de valoración que se dirá, os seguintes bens pertencentes en pleno dominio con carácter privativo, a Otero Rodríguez.

Urbano.-Terreo de 2.500 m sobre o que se atopa edificada unha casa composta de semisoto e planta baixa, sita no lugar de Rueiro, s/n, parroquia de Tarrío, concello de Dodro, provincia da Coruña, coas seguintes estremas:

Norte, estrada; sur, María Ares, Manuel Otero e outros; leste, camiño de acceso a predios; oeste, Manuel Otero Rodríguez.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón, predio nº 8614, tomo 615, libro 61, folio 224.

Estes bens foron valorados na suma de 14.391.000 (catorce millóns trescentas noventa e unha mil) pesetas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito no polígono das Fontiñas, na rúa Viena, s/n, desta cidade, o día 10 de setembro de 1999, ás 12.30 horas, baixo as seguintes condicións:

Primeira: nos remates non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da valoración.

Segunda: para tomar parte na poxa, os licitadores deberán consignar previamente, no establecemento destinado para o efecto, unha cantidade igual, polo menos, ó 20 % efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa, requisito sen o cal non serán admitidos.

Terceira: só o executante poderá facer oferta en calidade de cederlle o remate a un terceiro.

Cuarta: en tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa realización, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, depositando na mesa do xulgado, xunto a aquel, o importe da consignación.

Quinta: que, por instancia do acredor, se sacan os bens a pública poxa sen suplir previamente a falta de títulos.

Sexta: que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

En prevención de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a segunda, con rebaixa do 25 % do tipo da primeira, o día 8 de outubro de 1999, ás 12.30 horas, debendo consignar previamente o 20 % do tipo desta segunda poxa; sinálase para a terceira o día 9 de novembro de 1999, ás 12.30 horas, sen suxeición a tipo, debendo consignarse previamente o 20 % do tipo da segunda poxa.

No caso de que algún día dos sinalados para a realización das poxas recaese en día inhábil, trasládase a súa realización para o día seguinte hábil do sinalado á mesma hora.

Sírvalles este edicto de notificación en forma ós demandados María Pilar Pose Martínez e Georgino Otero Rodríguez, no caso de que non se lles poida notificar persoalmente.

Santiago de Compostela, vintesete de maio de mil novecentos noventa e nove.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado