Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 14 de xullo de 1999 Páx. 9.130

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de xuño de 1999 pola que se aproba a modificación do punto 3 do artigo 24 dos estatutos da Fundación Segundo Gil Dávila e se inscribe no Rexistro de Fundacións deste protectorado.

Analizado o expediente de referencia, promovido pola Fundación Segundo Gil Dávila.

Resultando que esta fundación foi clasificada como benéfico-docente polo Ministerio de Educación Nacional do 1 de maio de 1958, encontrándose inscrita no Rexistro de Fundacións desta consellería co número 143.

Resultando que a Fundación Segundo Gil Dávila solicitou ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a modificación dos seus estatutos.

Vista a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983; así como o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, e a carta fundacional da referida fundación.

Considerando que as fundacións de interese galego poden modifica-los seus estatutos coas condicións previstas no artigo 38 do citado regulamento.

Considerando que na tramitación do expediente se cumpriron os requisitos esixidos no artigo 10 da Lei 7/1983, e 32.3º e 38 do dito regulamento.

Considerando que esta modificación estatutaria é conforme coa vontade fundacional.

Esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Aproba-la modificación do punto 3 do artigo 24 dos estatutos da Fundación Segundo Gil Dávila, que queda redactado da seguinte forma: A proposta de designación de liquidadores, o programa de actuación e o proxecto de distribución dos bens integrantes do patrimonio da fundación ou do producto da venda deles, que será aplicado á realización de fins de interese xeral, análogos ós realizados por esta, seguirán os procedementos establecidos polas leis vixentes no seu momento.

Segundo.-Practica-la inscrición desta modificación estatutaria no Rexistro de Fundacións deste protectorado, logo da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, data a partir da que entrará en vigor tal cambio estatutario.

Terceiro.-Esta disposición pon fin á vía administrativa, de acordo co establecido no artigo 109.c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria