Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 14 de xullo de 1999 Páx. 9.130

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de xuño de 1999 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria número 1 de Redondela (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 3, punto 1º do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156, do 9-8-1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centro e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Redondela.

Localidade: Redondela.

Código do centro: 36020325.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria número 1.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Illa de San Simón.