Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.115

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XENÉTICA FONTAO, S.A.

ANUNCIO do 28 de xuño de 1999 polo que se fai pública a convocatoria de proceso selectivo para a cobertura dunha praza de persoal laboral fixo no cadro de persoal da sociedade Xenética Fontao, S.A.

Dando cumprimento ó previsto no artigo 4º da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia en materia de persoal e contratación, a sociedade Xenética Fontao, S.A. anuncia a convocatoria de proceso selectivo para a contratación laboral fixa da praza seguinte pertencente ó seu cadro de persoal:

-Posto: director de producción.

-Funcións principais: dirección do persoal e do funcionamento interno e medios de producción do

centro de escolma; control das produccións e da calidade; control do banco de seme; e dirección e control dos programas sanitarios do centro.

O proceso selectivo axustarase ás seguintes bases da convocatoria:

I. Requisitos dos aspirantes:

I.1. Titulación oficial superior no ámbito agropecuario.

I.2. Experiencia mínima de dous (2) anos en producción de seme en centros oficiais de escolma e reproducción animal.

II. Méritos valorables:

II.1. Currículo.

II.2. Título de doutor universitario.

II.3. Coñecemento da lingua galega.

II.4. Cursos de especialización en escolma e mellora gandeira, en mellora xenética animal e en inseminación artificial gandeira.

III. Solicitudes:

III.1. Para tomar parte nas probas de selección, deberase presentar unha solicitude xunto coa seguinte documentación:

-Fotocopia do documento nacional de identidade.

-Fotografía tamaño carné.

Documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación e a experiencia esixida, así como os méritos para valorar.

III.2. As solicitudes faranse chegar á Secretaría de Xenética Fontao, S.A., ó enderezo do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga) en Santiago de Compostela, rúa dos Irmandiños, s/n-Salgueiriños (CP 15704).

III.3. O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

III.4. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a comisión de selección publicará no taboleiro de anuncios dos servicios centrais do Ilgga, no mesmo enderezo sinalado na base III.2, a lista previa de admitidos e excluídos ó proceso selectivo, establecéndose un prazo de cinco (5) días naturais para que, se é o caso, os interesados poidan corrixi-los posibles erros emendables.

III.5. Transcorrido o prazo sinalado na base III.4., publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos ó proceso selectivo, estableceranse as puntuacións correspondentes á valoración dos méritos, e sinalarase o lugar, data e hora na que comezarán as probas de selección. A primeira proba realizarase transcorrido un prazo mínimo dun mes desde a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

III.6. A presentación da solicitude supón a aceptación incondicionada das bases da convocatoria.

IV. Comisión de selección.

IV.1. O proceso selectivo efectuarao por unha comisión de selección, integrada polo director do Ilgga, como presidente, o xefe do Servicio de Xestión Administrativa do Ilgga, como secretario, e tres membros do Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A., como vocais.

IV.2. A comisión de selección resolverá cantas dúbidas xurdan no desenvolvemento do proceso selectivo, con suxeición á normativa vixente e ó previsto nas presentes bases da convocatoria.

V. Probas de selección.

Establécense dúas probas de selección:

V.1. Unha, de carácter teórico e práctico, que versará sobre coñecementos no funcionamento interno e dirección da producción dun centro de escolma e reproducción animal, e o control sanitario e mellora xenética dos animais.

V.2. Outra, consistente nunha entrevista persoal, na que se avaliarán os coñecementos dos aspirantes e a súa adecuación ó posto de traballo.

V.3. Efectuada a proba teórica e práctica, a comisión de selección publicará no taboleiro de anuncios sinalado na base III.4 as puntuacións de tódolos aspirantes, e establecerá o lugar, data e hora para que, os que superaron a dita proba, efectúen a entrevista persoal.

VI. Baremo de puntuación.

VI.1. Os méritos ós que se refire a base II puntuaranse cun máximo de dez (10) puntos.

VI.2. A proba teórica e práctica a que se refire a base V.1 terá unha puntuación máxima de dez (10) puntos, e para que se entenda superada é necesario acadar un mínimo de cinco (5) puntos. De non obter esta puntuación mínima o aspirante non poderá acceder á entrevista persoal.

VI.3. A entrevista persoal (base V.2) puntuarase cun máximo de dez (10) puntos.

VII. Selección do candidato.

VII.1 Seleccionarase o candidato que obteña a maior puntuación final, logo da suma das puntuacións parciais obtidas na fase de méritos e nas probas de selección.

VII.2. A comisión de selección proporá ó Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A. o nomeamento do candidato seleccionado, que procederá a autoriza-la correspondente contratación.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1999.

Antonio Crespo Iglesias

Presidente do Consello de Administración

de Xenética Fontao, S.A.