Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTA COMBA

EDICTO.

Faise público, ó abeiro do disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia que, aprobado na sesión plenaria do día 5 de maio de 1999, con carácter inicial, o Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Santa de Comba, se abre un período de información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de que se poidan efectua-las alegacións que se consideren convenientes.

Simultaneamente, e ó abeiro do artigo 34.2º do citado texto legal, comunícase que tódalas áreas do territorio municipal, ó se teren modificado as determinacións do réxime urbanístico, quedan afectadas pola suspensión de licencias a que se refire o artigo 34.1º da citada Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O expediente poderá examinarse no Centro Municipal de Cultura, en horario de 10 a 13.30 horas.

Santa Comba, 5 de xuño de 1999.

José Toja Parajó

Alcalde