Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para os pagamentos do prezo xusto por expropiación e imposición de servidumes de paso da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 70/1997).

De conformidade co disposto nos artigos 48.1º da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 48.2º, 49, 50 e 51 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, esta delegación acorda sinala-lo día 12 de agosto de 1999, ás 12 horas, para que o pagador da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. proceda nas oficinas da Casa Consistorial de Betanzos, ós pagamentos dos prezos xusto e xuros, por expropiación e imposición de servidumes de paso da liña eléctrica aérea a 15/20 kV, C.T. e R.B.T. no lugar de San Xiao, no termo municipal de Betanzos (expediente 70/1997), ós interesados propostos como titulares dos predios afectados, ós que se lles dirixirá notificación individual para o efecto.

A Coruña, 16 de xuño de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña