Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para os pagamentos do prezo xusto por expropiación e imposición de servidumes de paso das instalacións eléctricas que se citan. (Expediente 3/1996 e 202/1997).

De conformidade co disposto nos artigos 48.1º da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 48.2º, 49, 50 e 51 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, esta delegación acorda sinala-lo día 10 de agosto de 1999, para que o pagador da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. proceda ós pagamentos dos prezos xusto e xuros, por expropiación e imposición de servidumes de paso das instalacións eléctricas referenciadas a continuación, ós interesados propostos como titulares dos predios que se relacionan, ós que se lles dirixirá notificación individual para o efecto.

Expediente 202/1997:

Liña eléctrica aérea a 20 kV. C.T. e R.B.T. no lugar de San Rilo, do predio número 1, ás 11 horas na Casa do Concello de Mugardos.

Expediente 3/1996:

Liña eléctrica aérea a 20 kV desde o C.T. de Cabanas ó C.T. de Franza, dos predios números 17, 33 e 54, ás 13 horas na Casa do Concello de Fene.

A Coruña, 16 de xuño de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña