Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/225-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38. 36201 Vigo.

Denominación: retranqueo L.M.T. GON 805 e GON 806 no Camiño da Cal.

Situación: Nigrán.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 151 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, desde o apoio 103 da L.M.T. GON 805 e GON 806, ata o apoio 105 da mesma liña, no Camiño da Cal, concello de Nigrán.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 24 de maio de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

6438