Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/224-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38. 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Sabarigo.

Situación: Bueu.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 180 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio 94 que se vai colocar da L.M.T. existente Marín-Bueu, ata o apoio existente N.96 da mesma liña. L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 100 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. Desde o apoio 95 da L.M.T. Marín-Bueu ata o C.T. que se proxecta en Sabarigo, Concello de Bueu. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 130 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 24 de maio de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

6436