Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/223-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38. 36201 Vigo.

Denominación: desvío liñas eléctricas na estrada de Peinador.

Situación: Mos.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 30 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio que se vai colocar en substitución do N.11 da L.M.T. ó C.T. O Rebullón, ata o apoio existente N.12 da mesma liña. L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 380 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio N.8 que se vai substituír da actual L.M.T. ó C.T. O Rebullón ata o apoio N.11 que se vai substituír, da mesma liña. R.B.T. aéreo-subterránea, de 2.415 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. e R.V. Concello de Mos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 24 de maio de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

6434