Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1999 pola que se corrixe a do 5 de xullo de 1999 (Diario Oficial de Galicia 132 do pasado 12 de xullo) pola que se notifica a celebración da recepción das obras de construcción dun centro de ensino infantil e primario de 22 unidades en Arteixo (A Coruña) e reformado adicional sen variación económica e outro máis.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 132, do pasado 12 de xullo, cómpre face-las oportunas correccións:

1º Na páxina 9.037, onde di: «recepción das obras de construcción dun centro de ensino infantil e primario de 22 unidades en Arteixo (A Coruña) e reformado adicional sen variación económica e outro máis», debe dicir: «recepción das obras de remodelación integral do Instituto Alfredo Brañas de Carballo e reformada adicional».

2º Onde di: «construcción dun centro de ensino infantil e primario de 22 unidades en Arteixo (A Coruña) e reformado adicional sen variación económica» e «complementario ó de construcción dun centro de ensino infantil e primario de 22 unidades en Arteixo (A Coruña)», debe dicir: «remodelación integral do Instituto Alfredo Brañas de Carballo e reformado adicional».

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

6435