Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 17 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-02814-O-1998 e outro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado, e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor del Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela, no prazo dos quince días hábiles seguintes á firmeza das resolucións -firmeza que se producirá ó non interpoñeren recurso ordinario dentro do prazo- e de non face-lo así procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27).

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 17 de xuño de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

Expediente: XC-02814-O-1998.

Matrícula: V-7784-CT.

G.C. de tráfico.

Denunciado: Cándido Merchán Durán.

Último enderezo coñecido: Praza Cervantes 17, 46200 Paiporta (Valencia).

Feito denunciado: circular un camión transportando mobles, utilizan unha tarxeta de transportes a nome doutro titular. Así mesmo, realiza un descanso de 5 horas e 10 minutos nun período de conducción de 24 horas. Arrastra semirremolque V-11235-R.

Data: 23-6-1998.

Hora: 11.10 h.

Estrada: N-120.

pk.: 575.

Precepto infrinxido: artigo 8 do R(CE) 3820/1985, artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción imposta: 600.000 ptas., precintado do vehículo.

Expediente: XC-01192-O-1998.

Matrícula: V-7059-BG.

G.C. de tráfico.

Denunciado: Gestión Logística de Vehículos, S.L.

Último enderezo coñecido: Ourense 67, 2820 Madrid.

Feito denunciado: circular realizando un servicio público de transportes de mercadorías (oito vehículos turismo marca Seat) carecendo da tarxeta de transporte. Ostenta distintivos radio de acción nacional.

Data: 21-10-1998.

Hora: 11.15 h.

Estrada: C.P.-1914.

pk.: 1.

Precepto infrinxido: O.M. de outubro de 1990, artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción imposta: 500.000 ptas., precintado do vehículo.