Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.102

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 16 de xuño de 1999, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente XC-01218-S-1998).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral

de Transportes, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor del Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lle sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 16 de xuño de 1999.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

Expediente: XC-01218-S-1998.

Matrícula: C-4462-AC.

Policía autonómica.

Denunciado: Emilio Marzoa Pardo.

Último enderezo coñecido: Sarela Abaixo 44, 15897 Santiago de Compostela (A Coruña).

Feito denunciado: circular transportando un becerro desde Santiago de Compostela ata Portomouro carecendo de tarxeta de transporte. Ostenta distintivos ámbito comarcal da provincial de Lugo.

Data: 7-10-1998.

Hora: 13.30 h.

Estrada: CP-701.

p.k.: 13,500.

Precepto infrinxido: O.M. de outubro de 1990 (BOE 30) artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción imposta: 75.000 ptas.