Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/226-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38. 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C. distribución na Avda. Montero Ríos-Aparcamento.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 2265 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña TRO 7.12 entre os CC.TT. H.Bahía e mercado, alimentado en bucle o C. Distribución que se proxecta na Avda. Montero Ríos, Concello de Vigo. Centro de distribución cun conxunto de celdas compactas SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 24 de maio de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

6437