Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.076

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de xuño de 1999 pola que se autorizan determinados centros docentes públicos de educación secundaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de educación de persoas adultas.

Segundo a Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aprobou o Estatuto de autonomía de Galicia, e o Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre o traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, correspóndenlle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado.

No marco destas competencias, a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, no seu artigo 52, prevé que as persoas adultas que queiran adquirir coñecementos equivalentes á educación básica contarán cunha oferta adaptada ás súas condicións e necesidades, co propósito de actualiza-la cualificación dos cidadáns, e que aquelas que teñan o título de graduado escolar poidan acceder a programas ou a centros docentes que lles axuden a alcanza-la formación básica prevista na mencionada lei para a educación básica obrigatoria nos centros ordinarios, dispoñendo dunha oferta e dunha organización adecuada ás súas características.

O Decreto 88/1999, do 11 de marzo (DOG do 13 de abril), polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros, establece no artigo 5º que nos centros nos que se imparten ensinanzas de educación de persoas adultas poderá cursarse ensinanzas iniciais de ensino básico dos niveis I e II, así como aquelas conducentes á obtención do título de graduado en educación secundaria ou de nivel III.

Co fin de adapta-la oferta da educación secundaria obrigatoria ás condicións, necesidades e intereses das persoas adultas, dictouse a orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 26 de maio de 1997 (DOG do 15 de xullo), pola que se establecen as liñas básicas para o desenvolvemento do currículo das ensinanzas conducentes ó título de graduado en educación secundaria para as persoas adultas, e pola que se regulan as ensinanzas iniciais de niveis I, II e III conducentes ó título de graduado en educación secundaria.

En consecuencia do anteriormente exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorízanse a imparti-las ensinanzas básicas (niveis I, II e III) conducentes á obtención do título de graduado en educación secundaria establecidas na Orde do 26 de maio de 1997 (DOG do 15 de xullo) os centros docentes públicos de edu

cación secundaria que se relacionan no anexo I.

Segundo.-Autorízanse a impartir ensinanzas básicas (nivel I e II) establecidas na Orde do 26 de maio de 1997 (DOG do 15 de xullo) os centros docentes públicos de educación secundaria que se relacionan no anexo II.

Terceiro.-Autorízanse a impartir ensinanzas básicas (nivel III) conducentes á obtención do título de graduado en educación secundaria establecidas na Orde do 26 de maio de 1997 (DOG do 15 de xullo) os centros docentes públicos de educación secundaria que se relacionan no anexo III.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derrogatoria

Única.-Quedan derrogadas todas aquelas ordes e disposicións que se opoñan ó cumprimento desta orde.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Director xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional e director xeral de Centros e Inspección Educativa.

ANEXO I

Provincia da Coruña.

15001148IES As Mariñas. Betanzos

15027307IES Isidro Parga Pondal. Carballo.

15003224IES Fernando Blanco. Cee.

15005749IES Cruceiro Baleares. Culleredo.

15008817IES de Melide. Melide.

15025657IES de Mugardos. Mugardos.

15025268IES As Telleiras. Narón.

15027782IES Nº 1 de Ordes. Ordes.

15020544IES de Ortigueira. Ortigueira.

15027976IES de Outes. Outes.

15026406IES de Ponteceso. Ponteceso.

15020556IES Nº 1 de Pontedeume. Pontedeume.

15026029IES Isaac Díaz Pardo. Sada.

15026030IES Terra do Xallas. Santa Comba.

15023466IES Lamas de Abade. Santiago de Compostela.

15026418IES de Vimianzo. Vimianzo.

Provincia de Lugo.

27012036IES Nº 1 de Sarria. Sarria.

27013326IES Nº 1 de Vilalba. Vilalba.

Provincia de Ourense.

32016625IES de Celanova. Celanova.

32015475IES Abrente. Ribadavia.

Provincia de Pontevedra.

36019396IES Francisco Asorey. Cambados.

36002359IES Antón Losada Diéguez. A Estrada.

36016656IES Pedro Floriani. Redondela.

36014544IES Francisco Sánchez. Tui.

ANEXO II

Provincia da Coruña.

15023314IES de Sabón. Arteixo.

15015755IES Rosalía de Castro. Santiago de Compostela.

Provincia de Lugo.

27013661IES O Centiño. Foz.

27006531IES Lucus Augusti. Lugo.

Provincia de Pontevedra.

36020350IES de Silleda. Silleda.

ANEXO III

Provincia da Coruña.

15005397IES Fernando Wirtz Suárez. A Coruña.

15006778IES Caranza. Ferrol.

15006754IES Marqués de Suanzes. Ferrol.

15015767IES Monte de Conxo. Santiago de Compostela.

Provincia de Pontevedra.

36018677IES Luís Seoane. Pontevedra.

36018173IES de Teis. Vigo.