Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.074

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1999, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000910/1999, interposto por José Manuel Costas Rouco, José Ramón Pérez Álvarez e Julio César Luengo Pérez.

Con data do 17 de xuño de 1999, o Comité Galego de Xustiza Deportiva recibe do presidente da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 01/0000910/1999 interposto por José Manuel Costas Rouco, José Ramón Pérez Álvarez e Julio César Luengo Pérez contra a resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva, con data do 12 de marzo de 1999, ó recurso número 540 sobre a inclusión de José Bernárdez Rodríguez no censo electoral da federación galega de motociclismo e outros extremos.

En consecuencia, a Secretaría Xeral para o Deporte acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo á referida sala, o que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública