Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.074

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 9 de xullo de 1999 pola que se nomean os vocais compoñentes do Consello Galego de Medio Ambiente.

O Decreto 155/1995, do 3 de xuño, establece a regulación do Consello Galego de Medio Ambiente, determinando que serán nomeados como vocais os representantes das organizacións, institucións e departamentos autonómicos relacionados no seu artigo 3, todos eles con especial vinculación coa protección do ambiente.

No seu artigo 12 sinálase que o réxime xurídico de funcionamento será o preceptuado no capítulo II do título II da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, estando no demais ó disposto no Regulamento interno do consello.

Pola Orde do 3 de xuño de 1998 e a Orde do 23 de decembro de 1998, nomeáronse os distintos vocais do Consello Galego de Medio Ambiente en aplicación do artigo 3 e 4 do Decreto 155/1995.

Tendo en conta que na Lei 30/1992 do 26 de novembro disponse que organizacións representativas de intereses sociais poderán substituír os seu membros titulares de acordo coas normas de organización do órgano colexiado, e a vista do establecido no artigo 10.2º do Regulamento de organización e funcionamento do Consello Galego de Medio Ambiente, aprobado no Pleno do Consello o 12 de abril de 1996, procede acordar a substitución do vocal e suplente solicitada pola Confederación de Empresarios de Galicia e nomea-los novos representantes propostos por ela.

Por todo isto, en aplicación do artigo 4 do Decreto 155/1995, do 3 de xuño, polo que se regula o Consello Galego de Medio Ambiente, e tendo en conta que o citado órgano consultivo foi adscrito á Consellería de Medio Ambiente en virtude de Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-Que cese como vocal e suplente do Consello Galego de Medio Ambiente en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, agradecéndolles os servicios prestados

Alfredo Caruncho Carro como titular e Francisco Outeiral Viana como suplente.

Artigo segundo.-Designar como vocal e suplente do Consello Galego de Medio Ambiente por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia en

substitución dos que causan baixa pola presente orde, as persoas que a continuación se relacionan:

Antonio Fontenla Ramil como titular e Carlos Pérez Mosteiro como suplente.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1999.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente