Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.967

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (11/1999).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 11/1999 se segue xuízo de faltas sobre lesións en agresión, insultos a axentes da autoridade, no cal se dictou a sentencia que contén o seguinte encabezamento e decisión:

Sentencia: en Santiago de Compostela, o dous de xuño de mil novecentos noventa e nove. Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas nº 11/1999, seguidos por resistencia e desobediencia á autoridade, sendo parte denunciante os axentes da Policía Municipal con carnés profesionais 56 e 70, coa defensa letrada de Esperanza Cobas Prieto, denunciante igualmente Avelino Antonio López Otero, maior de idade; aparecendo como parte denunciada Modesto Mira Mondéjar, maior de idade; o Ministerio Fiscal mostrouse parte. Seguen antecedentes de feito, feitos probables e fundamentos xurídicos.

Decido que debo condenar e condeno a Modesto Mira Mondéjar, como autor responsable dunha falta

de lesións e outra de falta de respecto e desobediencia ós axentes da autoridade dos artigos 617-1º e 634 ámbalas dúas do Código Penal, a dúas penas de 40 e 30 días de multa a razón de 500 ptas./día con arresto substitutorio dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en réxime de arrestos de fin de semana, debendo indemnizar a Avelino Antonio López Otero na cantidade de 10.500 ptas.; así mesmo, deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste, para os efectos que procedan e para que sirva de notificación en forma ó denunciado en ignorado paradoiro Modesto Mira Mondéjar expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o once de xuño de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado