Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.968

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (13/1999).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 13/1999 se segue xuízo de faltas sobre lesións en agresión, no cal se dictou a sentencia que contén o seguinte encabezamento e decisión:

Sentencia:

En Santiago de Compostela o dous de xuño de mil novecentos noventa e nove. Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas nº 13/1999, seguidos por agresión, sendo parte denunciante Carmen Márquez Leis, maior de idade, coa defensa letrada de Milagros Méndez Benegasi; o Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decido que debo absolver e absolvo a Manuel Varela Golpe da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil e declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste, para os efectos que procedan, e para que lle sirva de notificación en forma á denunciante en ignorado paradoiro Carmen Márquez Leis, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o once de xuño de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado