Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.935

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de xuño de 1999 pola que se dispón o cumprimento da sentencia 593/1998, dictada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Vista a sentencia dictada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia número 593/1998, do 30 de outubro, recaída no recurso contencioso-administrativo número 01/0000965/1995, interposto por Pilar Ares Fondevila, contra a resolución da Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Orde-

nación Universitaria con data do 27 de abril de 1995, desestimatoria do recurso ordinario sobre listado definitivo dos aspirantes a ingreso no corpo de profesores técnicos de formación profesional, na especialidade de prácticas de servicios á comunidade, sendo o seu pronunciamento do seguinte teor:

«Decidimos que debemos estimar e considera-lo recurso contencioso administrativo deducido por Pilar Ares Fondevila contra resolución da Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do vintesete de abril de mil novecentos noventa e cinco, desestimatoria de recurso ordinario contra a aprobación da lista definitiva de aspirantes ó corpo de profesores técnicos de formación profesional na especialidade de prácticas de servicios á comunidade, en probas convocadas por Orde do 8 de xuño de 1994, e, en consecuencia, debemos anular e anulamos tales actos administrativos no particular de outorgar na fase de concurso a Purificación Dias Silva tres puntos polo punto 1.3º do baremo, ó non atopalos niso axustado ó ordenamento xurídico; debendo quedar en tal fase da proba a dita persoa con puntuación de 5,300; sen facer pronunciamento respecto do pagamento das custas devengadas na substanciación do procedemento».

Na súa virtude, ó se-la devandita sentencia firme, e de acordo co disposto no artigo 103 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956 e na disposición transitoria cuarta da Lei 29/1998, do 13 de xullo,

DISPOÑO:

Que se cumpra nos seus propios termos a referida sentencia.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria