Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.935

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de xuño de 1999 pola que se dispón o cumprimento da sentencia 695/1998, dictada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Vista a sentencia dictada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia número 695/1998, do 2 de decembro, recaída no recurso contencioso-administrativo número 01/0001139/1995, interposto por Mª Teresa Barbeito Núñez, contra a resolución do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, do 11 de abril de 1995, desestimatoria de recurso ordinario contra a do 1 de febreiro de 1995, sobre impugnación de puntuación asignada a diversos aspirantes en fase de concurso, da especialidade de prácticas sanitarias, sendo o seu pronunciamento do seguinte teor:

«Decidimos que debemos estimar e estimamos parcialmente o recurso contencioso administrativo interposto por María Teresa Barbeito Núñez contra a Resolución do 11 de abril de 1995, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que, en relación co procedemento selectivo de acceso e

ingreso no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de prácticas sanitarias, convocado por Orde do 8 de xuño de 1994, se desestima o recurso ordinario interpoto contra o baremo definitivo da fase de concurso, e, así mesmo, se desestima a reclamación formulada contra as puntuacións provisionais outorgadas na dicha fase, de modo que, revogando e anulando as ditas puntuacións no necesario, por non seren axustadas a dereito, declaramos:

a) Que a puntuación contida nos apartados 3.4 y 3.5 da citada orde de convocatoria se aplique, única e exclusivamente, ós participantes da fase de concurso que presenten ademais, outro título distinto ó de licenciado que fora alegado para o ingreso no corpo, é dicir, o que xa está contabilizado nos puntos 2.1, 2.2 o 2.3 de dicha orde é, así mesmo, puntuando estes puntos tendo en conta tódalas materias do expediente académico; modificando, nos termos expotos, as puntuacións definitivas asignadas a Rosalía María Regueras Martínez, Pilar Pereira Poza, Isabel Palacios Asumendi, Alfonso Fernando Pereiro Túñez e Ramón Rodríguez Fernández.

b) Que se debe modifica-la la puntuación obtida por María Hermida Seijas na fase de concurso, polo apartado 1.3 aplicándoselle-la puntuación de 4,500 en lugar de 5,250 otorgada.

c) Que se debe modifica-la puntuación obtida por Isabel Palacios Asumendi na fase de concurso, non asignándoselle puntuación ningunha no punto 3.1 que lle fora concedida».

Na súa virtude, ó se-la devandita sentencia firme, e de acordo co disposto no artigo 103 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956 e na disposición transitoria cuarta da Lei 29/1998, do 13 de xullo,

DISPOÑO:

Que se cumpra nos seus propios termos a referida sentencia.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria