Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 08 de xullo de 1999 Páx. 8.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

ANUNCIO.

Por resolución da alcaldía aprobáronse os pregos de condicións económico-administrativas das obras do proxecto de saneamento en Vilar de Lor, Carballo de Hospital e Freixeiro (incluídas no Programa Piel 99), cun orzamento de execución por contrata

de 14.500.000 ptas. e un prazo de execución de 5 meses.

As obras adxudicaranse polo sistema de concurso, procedemento aberto e tramitación urxente.

O que se expón ó público polo prazo de 8 días para efectos de exame e presentación de reclamacións.

Con excepción do disposto no artigo 122.2º do Real decreto lei 781/1986, do 18 de abril, anúnciase a licitación das devanditas obras, para que os interesados presenten as súas propostas no prazo de 13 días naturais contados a aprtir do seguinte ó da publicación deste edicto no DOG.

No BOP publicarase extracto da convocatoria da licitación.

Quiroga, 30 de xuño de 1999.

O alcalde accidental

Rubricado