Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 08 de xullo de 1999 Páx. 8.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía, do 10 de xuño de 1999, aprobouse inicialmente o estudio de detalle tramitado por instancia de Promociones Lulosa Sarria, S.L., para a ordenación de volumes en soar situado na rúa Benigno Quiroga de Sarria, segundo o proxecto redactado polo arquitecto José Ángel Santos Ferro.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o citado proxecto sométese a información pública durante o período dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contados desde a derradeira publicación, atopándose a documentación ó dispor do público na secretaría do concello.

A teor do disposto no artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada a notificación non se puidese practicar.

Sarria, 10 de xuño de 1999.

Arturo Corral Guitián

Alcalde