1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente número: 9/1999.
2. Obxecto do contrato: execución das obras do proxecto de saneamento dos núcleos de poboación da Picota e outros.
3. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.
4. Orzamento base de licitación: 15.739.962 ptas.
5. Fianza provisional: 314.799 pesetas.
Fianza definitiva: 4% da adxudicación.
6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Moraña, en horario de 9 a 14 horas, no prazo de vinteseis días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).
7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de condicións, presentarase de acordo co seguinte modelo:
«D ...., con DNI nº...., expedido en...., con data....., en nome propio (ou en representación de....., como acredita por....), informado da convocatoria de concurso polo procedemento aberto, anunciado no BOP nº....., do...., e no Diario Oficial de Galicia nº....., do....., toma parte nel comprometéndose a realiza-la obra de saneamento dos núcleos de poboación da Picota e outros, no prezo de..... (en letra e número), comprendendo esta oferta o prezo da contrata e o importe do imposto sobre o valor engadido, conforme o proxecto técnico e o prego de condicións económico-administrativas que acepta integramente. Lugar, data e sinatura».
8. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Moraña, ás 12 horas do día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas, excepto sábados.
Moraña, 8 de xuño de 1999.
José Eiras Paz
Alcalde