Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 08 de xullo de 1999 Páx. 8.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente número: 8/1999.

2. Obxecto do contrato: execución das obras do proxecto de accesos ós núcleos de poboación de Cosoirado e outros.

3. Forma de adxudicación: poxa, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

4. Orzamento base de licitación: 10.255.079 ptas.

5. Fianza provisional: 205.102 pesetas.

Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Moraña, en horario de 9 a 14 horas, no prazo de vinteseis días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de condicións, presentarase de acordo co seguinte modelo:

«D ...., con DNI nº...., expedido en...., con data....., en nome propio (ou en representación de....., como acredita por....), informado da convocatoria de concurso polo procedemento aberto, anunciado no BOP nº....., do...., e no Diario Oficial de Galicia nº....., do....., toma parte nel comprometéndose a realiza-la obra de accesos a núcleos de poboación de Cosoirado e outros, no prezo de..... (en letra e número), comprendendo esta oferta o prezo da contrata e o importe do imposto sobre o valor engadido, conforme o proxecto técnico e o prego de condicións económico-administrativas que acepta integramente. Lugar, data e sinatura».

8. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Moraña, ás 12 horas do día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas, excepto sábados.

Moraña, 8 de xuño de 1999.

José Eiras Paz

Alcalde