Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 08 de xullo de 1999 Páx. 8.819

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 24 de xuño de 1999 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes nas escalas de estatística da Xunta de Galicia.

Advertidos erros no texto da citada orde, publicada no DOG nº 126, do 2 de xullo de 1999, cómpre face-las seguintes correccións.

Na base I.1, debe engadirse o seguinte parágrafo: «Respecto do posto que figura co número 15, poderán concursar ademais dos funcionarios ós que se refire o parágrafo anterior, os funcionarios da Xunta de Galicia que reúnan os requisitos esixidos para o seu desempeño, agás aqueles que leven menos de dous anos desempeñando un posto definitivo obtido por concurso».

Na base II.2, grao persoal consolidado, onde di: «Polo nivel 16 de grao consolidado: 1.90 puntos. Por cada unidade de nivel que exceda de 16: 0,15 puntos. Nos supostos que os funcionarios non teñan consolidado ningún grao persoal ou este sexa inferior a 16... », debe dicir: «Polo nivel 14 de grao consolidado: 1,60 puntos. Por cada unidade de nivel que exceda de 14: 0,15 puntos. Nos supostos que os funcionarios non teñan consolidado ningún grao persoal ou este sexa inferior a 14...».

Na base II.7, onde di:

«Por pertencer ó grupo A: 2,5 puntos.

Por pertencer ó grupo B: 1,3 puntos».

Debe dicir:

«Por pertencer ó grupo A: 2,5 puntos

Por pertencer ó grupo B: 1,13 puntos

Por pertencer ó grupo C: 0,1 puntos».