Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 08 de xullo de 1999 Páx. 8.808

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se convoca un curso de formación de formadores para impartir cursos de titulacións menores náutico-pesqueiras na especialidade de ponte e actividades formativas afíns.

De conformidade co exposto no artigo 32 do Decreto 428/1993, do 17 de decembro, polo que se regula e refunde a normativa en materia de formación náutico-pesqueira na Comunidade Autónoma de Galicia, a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación habilitará, para imparti-los cursos de formación non regrada náutico-pesqueira, os profesores que superen os cursos específicos que se convoquen para o efecto.

Dada a demanda existente no sector pesqueiro de participación en cursos de formación, especialmente aqueles orientados á obtención dos títulos esixibles para o exercicio da profesión nas súas diferentes modalidades, coñecidos como titulacións menores, resulta necesario amplia-lo número de profesores habilitados para impartir estes cursos na especialidade correspondente.

Visto que este tipo de titulacións requiren para a súa impartición dispoñer das especialidades que demandan os seus contidos, e que serían fundamentalmente para cubri-las áreas relacionadas coas seccións de ponte e máquinas. Por todo o exposto,

DISPOÑO:

Primeiro.-Obxecto.

Convocar un curso de formación de formadores que capacite para a impartición dos cursos de titulacións menores náutico-pesqueiras na especialidade de ponte e outras actividades formativas afíns, organizados pola Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Segundo.-Destinatarios.

Preferentemente serán destinatarios os profesionais do sector interesados que estean en posesión do título de capitán de pesca, en situación laboral de desemprego ou en activo que non presten servicios ás Administracións públicas e outras entidades oficiais. No seu defecto poderanse seleccionar outros titulados náuticos-pesqueiros ou da mariña mercante relacionados co sector pesqueiro, nas mesmas circunstancias laborais.

Terceiro.-Organización.

a) O número de prazas máximo admisible será de 8 formandos.

b) A duración do curso será de 140 horas lectivas, distribuídas en dous módulos: 1) módulo xeral de formación pedagóxica de 80 horas lectivas e, 2) módulo específico de formación pesqueira de 60 horas lectivas.

Os aspirantes seleccionados que acrediten ter realizado un curso de formación de formadores, impartido ou homologado por unha entidade oficial, de duración igual ou superior a 100 horas lectivas, quedarán exentos, se así o desexan, da realización do módulo xeral de formación pedagóxica.

c) O curso celebrarase no Instituto Galego de Formación en Acuicultura, na Illa de Arousa.

d) As datas previstas de realización están comprendidas entre o 4 e o 27 de outubro de 1999.

e) Celebrarase en sesións de mañá e tarde, a razón de 8 horas diarias.

A asistencia ás sesións do curso será en todo caso obrigatoria.

Os aspectos de organización relativos a calendario e distribución horaria poderían sufrir reaxustes en función de circunstancias e necesidades imprevistas.

Cuarto.-Selección de aspirantes.

Á vista do currículum presentado por cada aspirante a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación realizará unha preselección dos mesmos. O baremo que se empregará basearase nos seguintes criterios:

1) Tipo de titulacións profesionais e académicas, ata un máximo de 30 puntos.

-Capitán de pesca: 30 puntos.

-Patrón de pesca de altura/capitán da mariña mercante: 20 puntos.

-Outras titulacións da mariña civil ou náutico-pesqueiras: 10 puntos.

2) Situación laboral, ata un máximo de 20 puntos.

-Desempregado: 20 puntos.

-Empregado: 0 puntos.

3) Experiencia profesional pesqueira, ata un máximo de 25 puntos.

-Por cada ano ou fracción en activo: 5 puntos.

4) Experiencia docente, ata un máximo de 10 puntos.

-Por cada curso impartido de 100 horas ou máis en organismos oficiais: 1 punto.

5) O grao de coñecemento do idioma galego, ata un máximo de 5 puntos (só se valorará o nivel máximo acadado):

-Iniciación: 2,5 puntos.

-Perfeccionamento: 5,0 puntos.

6) Cursos de formación complementaria relevantes para o exercicio da actividade de formación continuada náutico-pesqueira, ata un máximo de 10 puntos. (no caso dos cursos de supervivencia no mar e loita contraincendios só se valorará o nivel máximo acadado):

-Supervivencia no mar nivel II: 1 punto.

-Supervivencia no mar nivel I: 0,5 puntos.

-Loita contraincendios nivel II: 1 punto.

-Loita contraincendios nivel I: 0,5 puntos.

-Operador xeral do GMDSS: 1 puntos.

-Por cada curso de 40 horas ou máis: 0,5 puntos.

Unha vez valorado o currículum presentado, realizarase unha entrevista persoal ós aspirantes preseleccionados.

A lista definitiva de admitidos será feita pública cunha antelación de dez (10) días naturais ó comezo de curso.

Quinto.-Presentación de solicitudes.

Os interesados en participar no curso deberán presentar na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura a solicitude que se publica como anexo desta resolución, debidamente cuberta e dirixida ó director xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Xuntaráselle á solicitude fotocopia cotexada do DNI así como os títulos profesionais e demais documentos que acrediten os datos que se aleguen como méritos persoais. Os datos que non se acrediten debidamente non se valorarán no proceso de selección. A situación laboral de desemprego acreditarase, achegando unha copia compulsada da tarxeta de desemprego ou certificado da entidade oficial correspondente.

O prazo de presentación de instancias será de trinta (30) días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

Sexto.-Certificados de aptitude.

Ó remate do curso expedirase un certificado de aptitude a aqueles participantes que superasen con aproveitamento o curso de acordo coa avaliación do equipo de profesores. O dito certificado terá validez diante da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura como documento acreditativo da habilitación á que se refire o artigo 32 do Decreto 428/1993.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1999.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación