Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 07 de xullo de 1999 Páx. 8.796

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO.

O Instituto Galego de Medicina Técnica anuncia a convocatoria pública do seguinte posto vacante, de acordo coas seguintes bases:

1. Consultor en electromedicina.

Formación: titulado universitario, grao superior, preferentemente en enxeñería ou ciencias.

Experiencia: mínima de dous anos en mantemento de equipos electromédicos en institucións hospitalarias. Experiencia en xestión de compras de equipos electromédicos, realización de pregos e informes técnicos (indicar tempo e ámbito). Experiencia en empresas consultoras de xestión sanitaria.

Outros requisitos: coñecementos de inglés, polo menos a nivel de traducción técnica. Coñecementos de informática, como mínimo a nivel usuario.

Procedemento de selección: valoración dos méritos (55%), probas psicotécnicas (15%) e entrevista persoal (30%).

Presentación de solicitudes:

Os interesados que cumpran os requisitos esixidos deberán remiti-lo seu currículo, no que indiquen a referencia CEM dirixido ó Instituto Galego de Medicina Técnica, praza Europa 5-A, 6º B (15703 Santiago de Compostela), no prazo improrrogable de vinte días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio. Deberá presentarse copia compulsada, se é o caso, dos certificados de servicios prestados, dos diplomas acreditativos de cursos, e do título mínimo esixido para cada convocatoria.

Inicio das probas:

As probas non se realizarán antes dun mes desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996.

Íñigo Álvarez Canoa

Director xerente