Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 07 de xullo de 1999 Páx. 8.796

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO para a adquisición dunha unidade de simulación virtual.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado na adquisición dunha segunda estación de simulación virtual para a Unidade de Oncoloxía Raditerápica, sita no Hospital Meixoeiro (Vigo).

Nº expediente: CTRL/015/99.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, praza Europa 5A-6º B Área Central-As Fontiñas. 15703 Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, nos quince días naturais seguintes ó da data de publicación no DOG.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto Galego de Medicina Técnica. Teléfono: 981 57 76 50.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1999.

Iñigo Álvarez Canoa

Director xerente