Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 07 de xullo de 1999 Páx. 8.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1999, do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais, pola que se anuncia concurso para a contratación, por procedemento aberto, da subministración de equipos e sistemas para o tratamento da información así como o seu mantemento.

1. Entidade adxudicante.

a) Organismo: Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (en adiante ORAL).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Asesoría Xurídica.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de equipos e sistemas para o tratamento da información, así como o seu mantemento.

b) Boletíns e diarios oficiais nos que se publicou o anuncio de licitación: Diario Oficial de las Comunidades Europeas nº S61, de data 27-3-1999, Boletín Oficial del Estado nº 83, de data 7-4-1999, Diario Oficial de Galicia nº 76, de data 22-4-1999, e BOP de Pontevedra nº 54, de data 22-3-1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación: 250.000.000 de pesetas (1.502.530,26 euros), incluído IVE.

5. Adxudicación.

a) Data: 3-6-1999.

b) Contratista: U.T.E. formada por IECISA e TRACASA.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 243.396.000 pesetas (1.462.839,42 euros), incluído IVE.

Pontevedra, 11 de xuño de 1999.

P.D. do presidente

Julio Pedrosa Vicente

Vicepresidente

Rogelio Nicieza de la Cerra

Secretario