Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 07 de xullo de 1999 Páx. 8.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (20/1997).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data 17 de xuño adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, por instancia de Modesto Moure Martínez en representación de Moure, S.L. o proxecto de urbanización parcial do SU-6 Zona 1, entre a rúa Ponte Pelamios e Camelias do PXOU de Ourense e logo de constitución de garantía polo importe de 22.015.563 ptas. vintedous millóns quince mil cincocentas sesenta e tres pesetas, para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo ás da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 24 de xuño de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde