Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 07 de xullo de 1999 Páx. 8.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

EDICTO.

De conformidade co acordo de alcaldía, de data 29 de xuño de 1999, anúnciase concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para adxudica-la contratación dos servicios de colaboración en materia de loita contra incendios forestais, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato.

Contratación dos servicios de colaboración en materia de loita contra incendios forestais.

Prezo máximo de licitación: 3.450.000 pesetas.

O contrato executarase conforme o prego de cláusulas administrativas á disposición dos interesados na secretaría do concello.

2. Prazo de execución: 3 meses.

3. Criterios de adxudicación.

Calidade dos servicios que hai que prestar: 70%.

Ofrecemento doutros traballos de colaboración co concello: 20%.

Mellora do prezo: 10%.

4. Garantías. Provisional: 2% do tipo de licitación. Definitiva: 4% do orzamento do contrato.

5. Presentación de proposicións e documentación complementaria: durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación ben no BOP, ou no Diario Oficial de Galicia en horas de oficina.

6. Modelo de proposición: o contido no prego de cláusulas.

7. Apertura de plicas: no salón de sesións do concello, ás 13 horas do seguinte día hábil ó do remate do prazo da presentación das proposicións.

Arbo, 29 de xuño de 1999.

Manuel Rivera Domínguez

Alcalde-presidente