Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 07 de xullo de 1999 Páx. 8.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

CONTRATACIÓN de obras de abastecemento e saneamento nas Quintas (Barbadás) do F.C.L. de 1999.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación das obras de abastecemento e saneamento nas Quintas, do F.C.L. de 1999, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 13º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral do concello. A apertura da documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 13 horas, na casa do concello. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro do Concello de Barbadás, ou por teléfono: 988 36 00 00.

Ourense, 18 de xuño de 1999.

O alcalde

Rubricado