Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión celebrada o día 28 de maio do ano en curso, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación das obras do proxecto de captación, depuración e bombeo de auga ó núcleo de Vián, exponse ó público na secretaría deste concello polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, para efectos de exame e reclamacións.
Simultaneamente, anúnciase a contratación da dita obra, se ben no suposto de presentarse reclamacións contra o prego de cláusulas, o concurso aprazarase cando resulte necesario, ata que sexan resoltas pola propia corporación.
1. Entidade adxudicadora.
a) Concello da Pastoriza.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: captación, depuración e bombeo de auga ó núcleo de Vián.
b) Lugar de execución: Concello da Pastoriza.
c) Prazo de execución: catro meses.
3. Orzamento base de licitación, importe total: 12.600.000 pesetas, IVE incluído.
4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
5. Garantías.
a) Provisional: 252.000 pesetas.
b) Definitiva: 504.000 pesetas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello da Pastoriza.
b) Domicilio: Praza de Galicia, nº 1.
c) Localidade e código postal: A Pastoriza, 27287.
d) Teléfono: 982 33 21 97.
e) Fax: 982 33 22 33.
7. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: trece días naturais a contar do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.
b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Concello da Pastoriza, Praza de Galicia, nº 1.
8. Apertura de ofertas: no salón de sesións deste concello ás trece horas do quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.
9. Criterios que servirán de base para a adxudicación:
-Unidades de obra adicional, ata oito puntos.
-Antecedentes relativos a obras de naturaleza análoga realizadas polo contratista para as distintas administracións públicas, ata seis puntos.
-Prazo de execución, ata catro puntos.
-Prezo, ata dous puntos.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Pastoriza, 21 de xuño de 1999.
José Yáñez García
Alcalde